O proxecto Universo Cantigas ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana galego-portuguesa, continuando o traballo iniciado co Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (2010-2015, agora xa integrado en UC). Actualmente, Universo Cantigas é desenvolvido ao abeiro dos proxectos ministeriais FFI2015-63523-P e PGC2018-093928-B-I00.
Após a edición, na fase I (2016-2018), da primeira sección da denominada «compilación xeral» galego-portuguesa, constituída fundamentalmente por cantigas de amor (textos 1-640), xa finalizou a fase II do proxecto (2019-2022), coa edición crítica da sección que contén a maioría das cantigas de amigo (textos 641-1.315). A fase III, a sección das cantigas de escarnio e de maldizer (textos 1.316-1.683), será realizada no trienio 2023-2025.
Universo Cantigas concíbese como unha empresa global que, progresivamente, colocará ao dispor do público, alén da edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa, todos os elementos pertinentes para o seu estudo.

Forma de citación
1. Para citar UC (en conxunto):
Ferreiro, Manuel (dir.) (2018-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal> ISSN 2605-1273 [data da última revisión: dd/mm/aaaa].
2. Para citar edicións:
Ferreiro, Manuel & Arbor Aldea, Mariña & Arias Freixedo, Bieito & Eirín, Leticia (eds.) (2018-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal> [data da última revisión: dd/mm/aaaa].
3. Para citar o glosario:
UC/Glosario, s.v. xxx, en Ferreiro, Manuel (dir.) (2014-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal> [data da última revisión: dd/mm/aaaa].

Agradecemos á Biblioteca da Ajuda e á Biblioteca Nacional de Portugal o acceso ás imaxes dos manuscritos.